A Plataforma polo Emprego, anfitrioa este xoves do segundo Batido Sinérxico da Economía Social

A Plataforma polo Emprego, anfitrioa este xoves do segundo Batido Sinérxico da Economía Social

10/07/2018

O pasado 14 de xuño comezaban na sede da cooperativa Miraxe os Batidos Sinérxicos de Economía Social, unha aposta do Concello de Santiago coa que se quere deseñar ferramentas e accións vinculadas á promoción da economía social na cidade

Ler máis

máis novas

APD celebrará o seu III Congreso Nacional CFOs en Santiago

APD celebrará o seu III Congreso Nacional CFOs en Santiago

06/07/2018

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) elexíu Santiago de Compostela para celebrar o III Congreso Nacional de directivos financeiros (CFOs polas sigras en inglés de Chief Financial Officer).

O congreso terá lugar o vindeiro 27 de setembro.

Ler máis

máis novas

A realidade aumentada transformará a nosa forma de traballar

A realidade aumentada transformará a nosa forma de traballar

05/07/2018

Segundo un estudo de Forrester Research, estímase que 14,4 millóns de persoas traballadoras estadounidenses levarán lentes intelixentes para o desenvolvemento do seu traballo no ano 2025. Entre outras oportunidades, no ámbito industrial, existen multitude de procesos que poden facilitar información en forma de realidade aumentada dunha forma rápida e non invasiva.

Ler máis

máis novas

A Comisión Europea axuda ás rexións europeas a ser mais innovadoras

A Comisión Europea axuda ás rexións europeas a ser mais innovadoras

04/07/2018

A Comisión Europes renovou a iniciativa «escaleira de excelencia» para seguir facilitando axuda e coñecementos técnicos individualizados ás rexións que se quedaron atrás no que se refire á innovación. Esta iniciativa axudará ás rexións para desenvolver, actualizar e perfeccionar as súas estratexias de especialización intelixente —é dicir, as súas estratexias rexionais de innovación baseadas en ámbitos especializados de solidez competitiva— antes mesmo do inicio do período orzamentario 2021-2027. Tamén lles axudará a identificar que recursos da Unión son adecuados para financiar proxectos innovadores e a formar equipo con outras rexións que teñan puntos fortes similares para crear agrupacións de innovación.

Ler máis

máis novas

O balance dun mes de RGPD: mais queixas contra as empresas

O balance dun mes de RGPD: mais queixas contra as empresas

03/07/2018

Un mes pasou xa desde que a lei europea de protección de datos, a RGPD, púxose en marcha e facer o primeiro balance do que está a supoñer e do impacto que está a ter para as marcas e as empresas deixa xa un dato preocupante para elas.

Ler máis

máis novas

ESCAPARATE

O escaparate empresarial nace coa vocación de ser un espazo onde o mundo empresarial de Compostela pode compartir a súa oferta de bens e servizos, pero tamén accións e novidades de carácter temporal: promocións, eventos, lanzamentos de novas liñas de negocio ...
Comparte a túa oferta empresarial dun xeito sinxelo e beneficiate de acción de promoción a través desta web e dos perfís en redes sociais do CERSIA Empresa. A través do Escaparate Empresarial tamén poderás coñecer mellor ás empresas do teu entorno máis próximo, e atopar así posibles clientes e provedores.

Para participar no Escaparate Empresarial a túa empresa debe ter cando menos unha sede física de actividade no Concello de Santiago. Se representas a unha empresa de fóra de Santiago que está pensando en organizar un evento, feira, congreso ou outro tipo de acción dirixida ao público empresarial ou profesionais liberais, podes contactar con cersia@santiagodecompostela.gal e indicarémosche de xeito personalizado a mellor forma de promocionar a túa acción no noso Concello.

Listado de empresas