COMPOSTELA MÓVESE

"O Forno dos Soños" presenta o seu proxecto colectivo no II Foro de Economía Social

24/11/2017   O forno dos soños é unha proposta que surxe dun curso de emprendemento do Concello de Santiago de Compostela celebrado no CERSIA Empresa. Promovida por 7 persoas forneiras con 7 soños que queren a través desta proposta contaxiar do seu espíritu de ilusión e esforzo á maior cantidade de xente posible.

A súa proposta é  encher este mes de decembro de 2017 a  nosa cidade de fornos físicos onde a xente poderá depositar os seus soños. Con todos estes soños farase un sorteo presencial e ademáis tamén organizaran un sorteo a maiores a través do facebook. Cóntanos o teu soño e faite forneira! 

O  II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa

Co foro o Concello de Santiago busca por unha parte, coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, polo que se dará  visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de entidades de economía social en Santiago de Compostela, realizado no ano 2016; e por outra parte , insistir na necesidade de colaborar dende as complicidades persoais para deseñar proxectos de colaboración que derive na coopetición de redes de persoas, profesionais e empresas.



Compartir:
O Forno dos soños Economía Social compostela móvese emprender participación