INNOVACIÓN SOCIAL RENDIBLE

As empresas deben incorporar a innovación social dentro dos seus obxectivos

01/02/2018 Un artigo publicado en Stanford Social Business Review argumenta que xa non podemos esperar que o goberno resolva todos os problemas da sociedade e que proporcionar apoio aos esforzos que resolven algúns destes desafíos sociais, en realidade constitúe unha vantaxe competitiva para os actores do sector privado. As organizacións orientadas a obxectivos poden construír vínculos únicos cos clientes a un nivel fundamental, e así gañar a guerra polo talento, reducir significativamente as taxas de abandono de clientes e crear unha voz poderosa e auténtica nos medios e redes sociais.

A realidade aínda dista moito dos plantexamentos expostos no artigo, mais trátase dun sinal adicional que indica a direción na que o mundo corporativo comeza a pensar acerca da sostibilidade e dos desafíos sociais. Sen dúbida, unha boa noticia.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
Economía Social social innovación competitividade desafíos talento