WI-FI NA PRAIA

As praias de Benidorm ofrecerán wifi gratis a 20.000 usuarios simultáneos

13/04/2018 O número de conexións anuais á rede wifi implantada nas praias de Benidorm achegarase aos dous millóns, segundo o cálculo realizado pola empresa que instalou este servizo. A rede permitirá a navegación por internet a alta velocidade de forma simultánea a uns 20.000 usuarios.

Esta rede, a primeira 'smart wifi' nas praias da península, xa está dispoñible na de Levante e antes do 20 de abril tamén o estará na de Poniente, La Cala, El Castell e a zona do casco antigo da cidade. A rede ofrece múltiples posibilidades para coñecer o comportamento dos turistas nos seus recorridos pola cidade e, así, poder ofertarlles alternativas adaptadas ás súas necesidades.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo dixitalización datos wifi conectividade praia