OBRADOIRO SOBRE COOPERATIVISMO

Estudantes de Santiago asisten a un obradoiro sobre cooperativismo en Dairylac

20/04/2018 Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de primeiro de Bacharelato do instituto compostelán Pontepedriña.
Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
Economía Social marketing eusumo lácteo cooperativa queixo