DEPORTE NO TURISMO

O deporte como diferenciación dos destiños turísticos

29/05/2018 A aposta pola desestacionalización converteuse nun claro obxectivo dos destinos españois, moi dependentes na súa gran maioría da tempada de verán. E, como parte deste propósito, as actividades deportivas constitúen unha das principais opcións, polas condicións climáticas do noso país e as instalacións que se desenvolveron, que favorecen a práctica de todo tipo de deportes durante todo o ano.

O turismo deportivo é un produto de gran rendibilidade para os destinos. Os máis de 10,6 millóns de turistas estranxeiros que practicaron algún deporte durante a súa estancia en España en 2017 xeraron máis de 112 millóns de pernoitas e gastaron unha media de 114 euros ao día, 1.207 euros por persoa, segundo a Enquisa de Gasto Turístico ( Egatur) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE). A maioría deles decantouse por actividades de exterior, en especial sendeirismo e montañismo, con máis de tres millóns de afeccionados, segundo estimacións de Turespaña. Seguíronlles os deportes náuticos, con máis de 2,2 millóns, e en terceiro lugar o golf, con 1,2 millóns.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo deporte sendeirismo montañismo naútica golf