A OMT quere axudar aos destinos urbanos a xestionar o impacto do turismo

24/09/2018 Nun novo informe da Organización Mundial do Turismo, « Overtourism»? Comprender e xestionar o aumento do turismo urbano máis aló das percepcións, examínase como xestionar o turismo en destinos urbanos en beneficio tanto das persoas visitantes como das persoas residentes. Propón 11 estratexias e 68 medidas para axudar a comprender e xestionar o aumento de persoas visitantes. O informe é o resultado da colaboración entre a OMT, o Centre of Expertise Leisure, Tourism & Hospitality ( CELTH) da Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda e o Europa Tourism Futures Institute (ETFI) da Universidade Stende de Ciencias Aplicadas.

O recente crecemento do turismo urbano esixe que o sector garanta políticas e prácticas sustentables que reduzan ao mínimo os efectos negativos do turismo no uso dos recursos naturais, as infraestruturas, a mobilidade e a saturación, así como o seu impacto sociocultural. Cada vez danse máis casos de actitudes hostís das poboacións locais contra as persoas visitantes, debido á masificación, o ruído e outras cuestións, que levaron á aparición de termos como «overtourism» e « turismofobia» nos medios.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo xestión política turismofobia