ALUGUER DE VIVENDAS TURÍSTICAS

Qué buscan os clientes das vivendas turísticas?

26/09/2018 As persoas que se aloxan en vivendas de uso turístico, á hora de facer unha reserva, fíxanse sobre todo en factores como a calidade da conexión a internet da casa e a súa proximidade a supermercados, tendas, restaurantes ou bares.

Así se desprende dun estudo realizado pola consultora inmobiliaria Savills, que pretende orientar aos propietarios que desexen rendibilizar as súas segundas residencias con aluguer de tempada e mellorar as decisións de compra dos investidores do sector. O estudo, que se deu a coñecer esta semana, baséase nunha enquisa contestada entre febreiro e marzo deste ano por 4.300 usuarios da plataforma de aluguer vacacional HomeAway que residen en Europa, América do Norte e o resto do mundo.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo residencial vivenda vacacións aluguer