COMPOSTELA MÓVESE

O edificio municipal Cersia abre as súas instalacións ao tecido económico e empresarial de Santiago

19/05/2017 A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou, a proposta das concelleiras de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, as normas de uso dos Espazos do Cersia Empresa de xeito gratuíto, así como a instancia modelo de solicitude dos mesmos.

O obxectivo xeral é abrir os espazos do Cersia Empresa ás entidades adheridas á Rede EuSumo da Xunta de Galicia, da que o Concello de Santiago de Compostela forma parte. Tamén se abre ás persoas e entidades que forman ou pretenden formar parte do tecido económico e empresarial de Santiago para a realización de actividades vinculadas á promoción do desenvolvemento económico, con especial atención ás que promovan a economía social e colaborativa e contribúan a acadar os obxectivos do programa Compostela Móvese.

As normas de uso permiten clarificar as condicións de acceso a terceiros para o uso das instalacións e equipamentos do Cersia Empresa ao adherirse o Concello de Santiago de Compostela á rede EuSumo da Xunta de Galicia, así como evitar situacións de desigualdade no acceso e uso dos mesmos por parte das entidades que operan en materia de desenvolvemento local e, en particular, de economía social, no Concello de Santiago de Compostela.

Con esta normativa poderán solicitarse as seguintes instalacións e materiais do edificio municipal Cersia Empresa, que ten as súas instalacións na rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n, cando non estean sendo empregados nas actividades propias do Concello:

1. Salón de actos con capacidade para 201 persoas e equipado con pantalla, canón e sistema de son.

2. Dúas salas de formación, con capacidade para 22 persoas con posibilidade de distintas montaxes e equipadas con pantalla e canón

3. Dous despachos para a realización de pequenas reunións de traballo e titorías e equipados con mesa de traballo e catro cadeiras.

4. Espazos comúns: corredores e recibidor para a realización de exposicións e/ou outras actividades complementarias ás que teñan lugar nos espazos de formación.

5. Cinco carpas automontables cadradas de 3 metros de lateral.

As normas de uso poden consultarse así como descargar o formulario de solicitude de espazos nesta mesma web. Unha vez cumprimentado o formulario para cada reserva, debe ser presentado por rexistro



Compartir:
Economía Social compostela móvese eventos empresas formación