RESTAURANTES FELICES

CLAVES DA COMPETITIVIDADE NA RESTAURACIÓN

04/06/2018 Sabías que en España o 75% das empresas de hostalería que inician a súa actividade non chegan ao primeiro ano de vida? E que o 90% non cumpren o quinto ano empresarial? Desde o Instituto Nacional de Estatística sinálase que unha das principais causas deste alto índice de fracaso radica nunha xestión pouco profesionalizada. Dar o salto en hostalería sen ter un bo plan de negocio, a falta de previsión e estudos de mercado adecuados, así como a falta de experiencia profesional de novos empresarios e novas empresarias hostaleiros, son algunhas das causas da problemática do sector hostaleiro.

Os restaurantes deben ofrecer felicidade aos seus clientes, pero tamén ás persoas empregadas e propietarias, que deben formar un equipo humano feliz e motivado. Só un equipo feliz, que poida conciliar a súa vida laboral coa vida persoal, ten capacidade para facer feliz aos seus clientes e clientas. Alcanzar este obxectivo é a razón de ser de “Restaurantes Felices”.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
conciliación restaurantes felicidade satisfacción equipo persoas