A descarbonización do transporte é unha oportunidade para a economía española

18/07/2018 Segundo o estudo «Repostando hacia el futuro», obra da consultora especializada Cambridge Econometrics, mellorar a eficiencia dos turismos e o uso de vehículos cero emisións (eléctricos e de hidróxeno) non só diminuirá as emisións de CO2 senón que, a nivel nacional, os beneficios desta transición estímanse nun incremento do PIB de 3.191 millóns de euros.

Ás veces pérdese de vista que o cambio climático é unha oportunidade para facer as cousas mellor. Descarbonizar un sector de gran impacto climático e tan contaminante como é o do transporte supón un reto, pero este estudo demostra que con vontade política, investimentos en infraestrutura, en novas tecnoloxías, etcétera, pódese xerar emprego, reducir emisións e contaminación e mesmo reducir custos para o consumidor

Ligazóns relacionadas



Compartir:
transporte sustentabilidade enerxía renovables