MENINAS

As meninas que resucitaron Ferrol

12/09/2018 En 2008, Eduardo Hermida tivo unha idea: volver debuxar humanos nas paredes. Coa axuda de varios amigos artistas, comezou a debuxar nas paredes desconchadas do seu barrio, Canido en Ferrol. Volveu debuxar humanos, como xa fixese moitos anos atrás, pero esta vez non eran humanos anónimos. Eran meninas. Decenas de meninas. A acción de Hermida chamou a atención da cidade e iso lle infundió ánimos para volver repetilo ao ano seguinte, convocando a artistas doutras partes de España. 

A ese ano seguiulle outro e logo outro. O movemento foise facendo máis grande, atraendo a atención da prensa nacional e internacional cada vez que se reunían os pintores rueiros o primeiro fin de semana de setembro. Empezáronse a programar concertos e charlas e a palabra Canido comezou a citarse en textos escritos en idiomas diferentes ao galego e o español. O barrio foi comparado co Soho londiniense. Comezaron a xurdir as axudas económicas e os patrocinios. Así ata 2018, momento en que as meninas celebran os seus décimos aniversarios.



Compartir:
meninas cultura dinamización barrio canido ferrol pintura