ACELERADORA DE INNOVACIÓN SOCIAL

III edición da aceleradora de innovación social Vodafone Connecting for Good Galicia

III edición da aceleradora de innovación social Vodafone Connecting for Good Galicia
07/05/2018

Se tes iniciativas para resolver, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, podes optar ao programa de aceleración Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia, para que se convirtan en negocios reais e os teus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

emprendemento Economía Social saúde social aceleradora estratexia educación participación social accesibilidade

Ler máis

APROVEITAMENTO FORESTAL

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada
04/05/2018

Estímase que a superficie desaproveitada oscila sobre o 30 %. Esta porcentaxe é máis do dobre que o estimado en países como Finlandia ou Austria, e tamén moi superior ao de Suecia ou Estados Unidos. Unha das explicacións a tales datos baséase na propiedade da superficie forestal: Galicia contabiliza 680.000 propietarios forestais. Trátase de donos de pequenas porcións que, de forma illada, teñen escaso valor e non resulta rendible a súa explotación.

forestal madeira monte selvicultura tala propiedade aproveitamento

Ler máis

O FIN DAS PEQUENAS TENDAS

O fin das tendas pequenas

O fin das tendas pequenas
03/05/2018

Co auxe do comercio electrónico, as grandes marcas apostan por un concepto de tenda diferente do que existía ata agora. A tendencia son as flagships stores, formatos de gran superficie na que teñen cabida todas as coleccións, así como recunchos nos que os clientes poden vivir experiencias únicas. É o que fixo a firma británica Burberry para renovar a súa marca, cando abriu en 2012 a tenda insignia de Regent Street, a máis grande do mundo, con 2.500 metros cadrados repartidos en catro planas, que entón foi o colmo da modernidade para unha firma con máis de século e medio de historia, ao mesturar o físico co dixital para crear a máxima experiencia do luxo.

comercio tenda compra experiencia

Ler máis

NOVOS MODELOS DE NEGOCIO NAS GASOLINEIRAS

O comercio electrónico e os combustibles alternativos revolucionarán o modelo de negocio das estacións de servizo

O comercio electrónico e os combustibles alternativos revolucionarán o modelo de negocio das estacións de servizo
02/05/2018

As gasolineiras do futuro non só servirán para encher combustible. Así pois, as estacións de servizo converteranse en grandes centros loxísticos de xestión de pedidos en liña e puntos de conveniencia para recoller os pedidos que previamente foron entregados na estación por un dron, co que para 2035 a hora punta de actividade nunha estación de servizo será de madrugada, cando os vehículos autónomos acudan a encher de forma automática para estar preparados para os traxectos previstos polos condutores ao día seguinte.

movilidade gasolineira servizo loxística combustibles vehículos

Ler máis
Compartir: