ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE ECONOMÍA SOCIAL

Apróbase oficialmente a Estratexia Española de Economía Social 2017-2020

Apróbase oficialmente a Estratexia Española de Economía Social 2017-2020
09/04/2018

O 20 de marzo de 2018 publicouse no Boletin Oficial do Estado a resolución pola que se aproba a Estratexia Española de Economía Social 2017-2020. Esta estratexia ten como finalidade responder á necesidade de ter en conta e promover as particularidades das empresas de economía social no mercado, ademais de incluir medidas de apoio a través da programas e proxectos que impulsen a economía social e consoliden un marco innovador e sustentable no que poder desenvolverse.

Economía Social social emprego estratexia valores cohesión

Ler máis

COMPRAS CON CARTÓN

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado
03/04/2018

A recuperación económica percíbese no consumo e no uso cada vez máis habitual do diñeiro de plástico. En 2017 realizáronse 3.429 millóns de operacións con cartóns nos comercios, un 12,6% máis que o ano anterior. En total moveron 135.246 millóns de euros, un 8,7% máis que en 2016. A pesar da guerra de comisións polo uso dos caixeiros, lanzada pola gran banca, utilizáronse 933 millóns de veces (+1,02%) e sacáronse 122.473 millóns de euros, un 3,5% máis.

consumo comercio tendencias compras cartón

Ler máis
Compartir: