FINSA e a Asociación Forestal de Galicia acordan un plan para revalorizar o piñeiro

FINSA e a Asociación Forestal de Galicia acordan un plan para revalorizar o piñeiro
17/07/2018

A Asociación Forestal de Galicia e a empresa FINSA, líder en España e en Galicia na transformación de madeira de coníferas, asinaron un acordo polo que se comprometen a impulsar e liderar un plan de revalorización dos montes de piñeiro de Galicia. Ambas as partes identifican unha gran oportunidade de mercado en Europa para a madeira de piñeiro, cun incremento importante da demanda actual e futura, especialmente por parte das grandes superficies comerciais, e dos sectores dos equipamentos e da construción, dentro dun contexto xeral de revalorización da madeira como un elemento construtivo sustentable e respectuoso co medioambiente. Sen embargo, os baixos prezos da madeira de piñeiro dos últimos anos provocaron que as plantacións de piñeiro en Galicia foran perdendo terreo fronte a outras especies.

PIÑEIRO madeira selvicultura

Ler máis

APROVEITAMENTO FORESTAL

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada
04/05/2018

Estímase que a superficie desaproveitada oscila sobre o 30 %. Esta porcentaxe é máis do dobre que o estimado en países como Finlandia ou Austria, e tamén moi superior ao de Suecia ou Estados Unidos. Unha das explicacións a tales datos baséase na propiedade da superficie forestal: Galicia contabiliza 680.000 propietarios forestais. Trátase de donos de pequenas porcións que, de forma illada, teñen escaso valor e non resulta rendible a súa explotación.

forestal madeira monte selvicultura tala propiedade aproveitamento

Ler máis

DATOS XEOGRÁFICOS VIA SATÉLITE

Lánzase unha plataforma aberta de información e datos xeográficos en tempo real

Lánzase unha plataforma aberta de información e datos xeográficos en tempo real
19/02/2018

A Axencia Espacial Europea adxudicou a Atos a xestión dos Servizos de Acceso a Información e Datos de Copernicus (DIAS), o programa de observación da Terra máis importante do mundo, cuxo obxectivo é facilitar o acceso aos datos dos satélites de observación. Os novos servizos ofrecerán información nova e única recompilada a partir de datos xeográficos en tempo real combinados con outras fontes de datos procedentes de diferentes sectores como industria, seguridade, seguros, servizos públicos, agricultura e servizos de emerxencia.

agricultura selvicultura servizos datos satélites

Ler máis
Compartir: