COMPRAS CON CARTÓN

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado
03/04/2018

A recuperación económica percíbese no consumo e no uso cada vez máis habitual do diñeiro de plástico. En 2017 realizáronse 3.429 millóns de operacións con cartóns nos comercios, un 12,6% máis que o ano anterior. En total moveron 135.246 millóns de euros, un 8,7% máis que en 2016. A pesar da guerra de comisións polo uso dos caixeiros, lanzada pola gran banca, utilizáronse 933 millóns de veces (+1,02%) e sacáronse 122.473 millóns de euros, un 3,5% máis.

consumo comercio tendencias compras cartón

Ler máis

NOVOS HÁBITOS DE CONSUMO

Menos tendas nas rúas

Menos tendas nas rúas
17/01/2018

Está a eliminar o comercio electrónico o comercio físico? O desenvolvemento do comercio electrónico coincide cun descenso da presenza e uso de tendas físicas, segundo un estudo global sobre hábitos de consumo realizado por Ipsos en 24 países, que conclúe que os consumidores observan cada vez menos negocios tradicionais de rúa. 

consumo comercio minorista tendencias polo miúdo

Ler máis
Compartir: