OS GUÍAS TURÍSTICOS TAMÉN SE DIXITALIZAN

As novas esixencias do turista impoñen cambios no labor dos guías

As novas esixencias do turista impoñen cambios no labor dos guías
06/03/2018

Os novos turistas, cada vez con maior experiencia en viaxes e con gran dominio das novas tecnoloxías, están a impulsar grandes cambios no sector, circunstancia á que tampouco escapan os guías turísticos, que están a adaptar a súa forma de traballar ás novas esixencias. A información inmediata a través dos móbiles, a gran variedade de dietas e hábitos alimentarios ou a posibilidade de facer miles de fotografías ata conseguir a imaxe perfecta son algúns dos requisitos aos que estes profesionais teñen que adaptar o seu labor. Enfróntanse a desafíos descoñecidos hai apenas 10 anos. Así o explicaron nunha consulta realizada polo portal Winetourismspain. com, especializado en circuítos de gastronomía e viño para estranxeiros.

mobilidade turismo información guías enoloxía enoturismo

Ler máis

INFORMACIÓN PARA ENTENDER AOS CLIENTES

O comercio suspende en xestión da información

O comercio suspende en xestión da información
07/02/2018

Dous terzos dos comercios non posúen os medios necesarios para entender o comportamento de compra dos clientes, segundo indica o estudo ‘EKN Tyco Immersive Retail Experience Survey’ realizado por Tyco Retail Solutions xunto a EKN. Un de cada dous comerciantes polo miúdo pensa que o uso dos datos almacenados nos seus sistemas pode axudarlles a mellorar a dispoñibilidade de inventario, mentres que o 40% pensa que estes datos poden axudarlles a deseñar promocións específicas.

comercio intelixencia información cliente comportamento compras

Ler máis

BOAS PRÁCTICAS PARA COOPERATIVAS

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas
23/01/2018

O Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos co apoio da Xunta de Galicia, e que foi aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, é un instrumento co que se pretende dar resposta a estas novas necesidades, a través da enunciación dunha serie de principios e regras que pretenden ser aplicables tanto no ámbito das relacións internas das sociedades cooperativas como nas súas relacións con terceiros. Así, este código ten por obxectivo principal a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.

Economía Social cooperativas eusumo boas prácticas información transparencia

Ler máis
Compartir: