BOAS PRÁCTICAS PARA COOPERATIVAS

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas
23/01/2018

O Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos co apoio da Xunta de Galicia, e que foi aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, é un instrumento co que se pretende dar resposta a estas novas necesidades, a través da enunciación dunha serie de principios e regras que pretenden ser aplicables tanto no ámbito das relacións internas das sociedades cooperativas como nas súas relacións con terceiros. Así, este código ten por obxectivo principal a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.

Economía Social cooperativas eusumo boas prácticas información transparencia

Ler máis

COMPOSTELA MÓVESE

Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes 5 de decembro coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax

05/12/2017

A Sala Númax acoller hoxe, de 9:00 a 11:00 horas, o último dos Almorzos do bo facer. Este último encontro, que leva por título "Almorzo proxecta", culmina o proceso de recollida de ideas nacidas da interacción entre cooperativas do mesmo ámbito ou con iniciativas semellantes, dando a coñecer os proxectos que serán presentados ao Concello para ser estudados e recibir apoio. Neste almorzo participarán Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, e Carme Casado, técnica municipal de Promoción Económica.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación

Ler máis

COMPOSTELA MÓVESE

Bea Miranda de Feitoría Verde presentará esta cooperativa no II Foro de Economía Social

Bea Miranda de Feitoría Verde presentará esta cooperativa no II Foro de Economía Social
23/11/2017

  Feiroría Verde é unha cooperativa formada por catro mulleres, que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible na sensibilización e participación activa tanto no urbano coma no rural. Como axentes de dinamización social, pretenden potenciar a capacidade de participación das persoas e colectivos, mellorando así a relación co medio ambiente. Conciben a educación ambiental como unha ferramenta para a participación, aprendizaxe mutua, intercambio de experiencias e valorización de recursos e prácticas endóxenas e innovadoras. A Cooperativa aposta por unha economía social propiciatoria de melloras ambientais, que procura sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. O seu obxectivo final é o de propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.

Economía Social cooperativas II Foro de Economía Social

Ler máis

COMPOSTELA MÓVESE

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora
19/11/2017

O próximo 28 de novembro celebrarase o II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo no edificio municipal Cersia Empresa. O obxectivo do Concello de Santiago con este encontro é dar a coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, dando visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de Economía Social en Santiago de Compostela, realizado o ano pasado.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación

Ler máis

GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA

Cristina Labandeira presentará o proxecto Galicia Economía Social creativa no II Foro de Economía Social Inspiradora

Cristina Labandeira presentará o proxecto Galicia Economía Social creativa no II Foro de Economía Social Inspiradora
09/11/2017

O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Fundada por tres mulleres en 2012, o obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural, xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación. O Cable inglés ofrece servizos de xestión cultural, deseño e comunicación dun xeito integral, desenvolvendo proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes. Funciona como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; complementando esta bagaxe con achegas de socios colaboradores. A cooperativa foi galardoada en xullo de 2013 co Premio aos Valores Cooperativos concedido polo Consello Galego de Cooperativas.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas creatividade cultura

Ler máis
Compartir: