EXPERIENCIAS DIXITAIS NO TURISMO

Turismo de experiencias dixitais: a nova fronteira

Turismo de experiencias dixitais: a nova fronteira
28/05/2018

As experiencias dixitais que o turista vivirá no destino son a nova fronteira para a industria turística. Trátase dun territorio pouco explorado aínda, onde tecnoloxía e contidos (sobre todo culturais) deberán ir da man. Pero ao mesmo tempo este novo horizonte ofrece enormes oportunidades de negocio así como para elevar os índices de satisfacción dos visitantes e recomendación.

cultura tecnoloxía dixital turismo contidos experiencia horizonte

Ler máis

CREACIÓN + ACCIÓN CULTURAL + ECONOMÍA SOCIAL

Clara R. Cordeiro de 7H Cooperativa Cultural intervirá no II Foro de Economía Social Inspiradora

Clara R. Cordeiro de 7H Cooperativa Cultural intervirá no II Foro de Economía Social Inspiradora
13/11/2017

7H é unha cooperativa de traballo asociado, adicada á creación e a xestión cultural, que nace para dinamizar colectivamente o traballo das súas socias e socios. Os seus valores son os sete principios que rexen as cooperativas: adhesión libre e voluntaria, control democrático, participación económica dos socios, autonomía e independencia, educación, capacitación e información, cooperación entre cooperativas e compromiso coa comunidade.

Economía Social cultura dinamización xestión

Ler máis

GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA

Cristina Labandeira presentará o proxecto Galicia Economía Social creativa no II Foro de Economía Social Inspiradora

Cristina Labandeira presentará o proxecto Galicia Economía Social creativa no II Foro de Economía Social Inspiradora
09/11/2017

O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Fundada por tres mulleres en 2012, o obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural, xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación. O Cable inglés ofrece servizos de xestión cultural, deseño e comunicación dun xeito integral, desenvolvendo proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes. Funciona como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; complementando esta bagaxe con achegas de socios colaboradores. A cooperativa foi galardoada en xullo de 2013 co Premio aos Valores Cooperativos concedido polo Consello Galego de Cooperativas.

Economía Social compostela móvese emprender cooperativas creatividade cultura

Ler máis
Compartir: