INTELIXENCIA ARTIFICIAL NAS TENDAS

A intelixencia artificial chega ás tendas físicas

A intelixencia artificial chega ás tendas físicas
05/06/2018

O comercio pode saber o comportamento das persoas compradoras desde que están fronte ao escaparate ata se finalmente realizan a compra, pero toda esta información é aínda máis útil grazas á intelixencia artificial, xa que se poden automatizar e optimizar procesos e analizar, entre outros parámetros, o tráfico e seccións con máis afluencia, o percorrido das persoas compradoras en tenda, o segundo en que deixan de ver un vídeo nunha pantalla ou, mesmo, a súa expresión facial e xénero.

comercio intelixencia consumidor artificial tenda análise privacidade pantallas

Ler máis

O FIN DAS PEQUENAS TENDAS

O fin das tendas pequenas

O fin das tendas pequenas
03/05/2018

Co auxe do comercio electrónico, as grandes marcas apostan por un concepto de tenda diferente do que existía ata agora. A tendencia son as flagships stores, formatos de gran superficie na que teñen cabida todas as coleccións, así como recunchos nos que os clientes poden vivir experiencias únicas. É o que fixo a firma británica Burberry para renovar a súa marca, cando abriu en 2012 a tenda insignia de Regent Street, a máis grande do mundo, con 2.500 metros cadrados repartidos en catro planas, que entón foi o colmo da modernidade para unha firma con máis de século e medio de historia, ao mesturar o físico co dixital para crear a máxima experiencia do luxo.

comercio tenda compra experiencia

Ler máis
Compartir: