A Comisión Europea axuda ás rexións europeas a ser mais innovadoras

A Comisión Europea axuda ás rexións europeas a ser mais innovadoras
04/07/2018

A Comisión Europes renovou a iniciativa «escaleira de excelencia» para seguir facilitando axuda e coñecementos técnicos individualizados ás rexións que se quedaron atrás no que se refire á innovación. Esta iniciativa axudará ás rexións para desenvolver, actualizar e perfeccionar as súas estratexias de especialización intelixente —é dicir, as súas estratexias rexionais de innovación baseadas en ámbitos especializados de solidez competitiva— antes mesmo do inicio do período orzamentario 2021-2027. Tamén lles axudará a identificar que recursos da Unión son adecuados para financiar proxectos innovadores e a formar equipo con outras rexións que teñan puntos fortes similares para crear agrupacións de innovación.

estratexia innovación intelixente

Ler máis

Ábrese o prazo de inscrición de proxectos para participar na IV Maker Faire Galicia

Ábrese o prazo de inscrición de proxectos para participar na IV Maker Faire Galicia
20/06/2018

Marta Lois, concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo; Berta Álvarez-Buylla, responsable do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, e Matilde Rodríguez Domínguez, co-organizadora da Galicia Maker Faire presentaron a IV edición do evento, que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura do 23 ao 25 de novembro

Economía colaborativa maker innovación emprender ciencia tecnoloxía STEM

Ler máis

INNOVACIÓN URBANA

As promesas da innovación urbana

As promesas da innovación urbana
14/02/2018

Implementando varias tecnoloxías: vehículos autónomos, construción de edificios modulares ou novos sistemas de infraestrutura, pódese, por exemplo, reducir o custo de vivir nun 15 por cento. Con novos servizos de mobilidade e o desenvolvemento radical do uso mixto de vehículos que aproximan o lugar de traballo aos fogares, pódese devolver á xente unha hora ao día. Con novos materiais e tecnoloxía de mitigación do clima, pódese mellorar a usabilidade do espazo ao aire libre en climas fríos. Con estruturas loft adaptables e claves de acceso baseadas no uso, pódese facer que os edificios sexan moito máis flexibles.

Economía Social economía social innovación plataforma infraestructuras urbana

Ler máis

INNOVACIÓN SOCIAL RENDIBLE

As empresas deben incorporar a innovación social dentro dos seus obxectivos

As empresas deben incorporar a innovación social dentro dos seus obxectivos
01/02/2018

Un artigo publicado en Stanford Social Business Review argumenta que xa non podemos esperar que o goberno resolva todos os problemas da sociedade e que proporcionar apoio aos esforzos que resolven algúns destes desafíos sociais, en realidade constitúe unha vantaxe competitiva para os actores do sector privado. As organizacións orientadas a obxectivos poden construír vínculos únicos cos clientes a un nivel fundamental, e así gañar a guerra polo talento, reducir significativamente as taxas de abandono de clientes e crear unha voz poderosa e auténtica nos medios e redes sociais.

Economía Social social innovación competitividade desafíos talento

Ler máis
Compartir: