Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas

Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas
18/07/2018

A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acudiu hoxe ao acto de peche do proxecto de aprendizaxe-servizo Universidade, sociedade e desenvolvemento. A aprendizaxe-servizo no eido do desenvolvemento local, no que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; pola decana da Facultade de Ciencias Económicas, Emilia Vázquez, e polo profesorado a cargo do proxecto.

aprendizaxe USC barrios parroquias EDUSI

Ler máis

APRENDIZAXE E SERVICIO NA UNIVERSIDADE

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local
16/07/2018

A metodoloxía de aprendizaxe-servizo unha proposta educativa innovadora, que combina procesos de aprendizaxe co servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no que as persoas participantes melloran os seus coñecementos e habilidades ao traballar sobre necesidades reais da súa contorna próxima co obxectivo de mellorar a situación actual. O vindeiro 18 de xullo ás 12 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais terá lugar a presentación do proxecto "Universidade, Sociedade e Desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local". O acto é libre e gratuito.

Economía Social aprendizaxe servicio USC

Ler máis
Compartir: