COMPOSTELA MÓVESE

Preguntas recibidas en relación a requerimentos da convocatoria de axudas Compostela Móvese 2017

08/08/2017

A continuación publicanse as preguntas e respostas recibidas en relación ao proceso de requerimento de documentación da convocatoria de axudas "Compostela Móvese 2017"; omítense nesta publicación aquelas preguntas que gardan grande semellanza con outras xa contestadas.

Agradecemos a vosa paciencia ao mandarnos as preguntas por correo electrónico, xa que como sempre explicamos ás persoas que nos chamades por teléfono esta é a maneira máis segura de ofrecervos unha resposta axeitada e que vos quede constancia da mesma por se cometeramos algún erro ao informarvos.

PREGUNTA 1:

Con relación o Xº punto, donde di:"declaración de concorrer ou atoparse nalgunha das situacións valorables consorte aos criterios de concesión establecidos,así como de ser o caso,documentación que acredite as circunstancias a valorar."Non sei que clase de declaración se trata nin como debo facela.

Con relación o Xº punto,donde di:"calquera outra documentación que se estime necesaria para a baremación do expediente."¿Temos que aportar algo máis ou qué significado ten esta frase?

RESPOSTA Á PREGUNTA 1:

No referente á primeira parte da túa pregunta non temos  un modelo predefinido, posto que a situación das empresas no referente a creación de postos de traballo que deban ser valorados  admite moitas posibilidades. Trátase de que se relacionen os postos de traballo creados incluídos os das persoas promotoras e se sinalen as circunstancias que cada posto de traballo permite valorar dacordo do baremo publicado nas bases.

En relación á segunda parte da pregunta incluímos ese último punto a efectos de que si as circunstancias que sinalades na declaración que se vos pide requiren de aportar nova documentación que as acredite e non teñades presentado xa, o fagades. Sen coñecer o contido desa declaración nós non podemos saber se queda documentación pendente de presentar tales como certificados de discapacidade ou de estar en risco de exclusión social. Ou incluso que precises presentar documentación que por circunstancias sobrevidas (concesión dunha nova axuda que tiñades solicitada, mellora do plan de empresa presentado…) queirades presentar para mellorar o expediente.

PREGUNTA 2:

(...) en dicha declaración puse q la persona contratada estaba en riesgo de exclusión social cuando la contrate,pero no se como se demuestra eso(...)

RESPOSTA Á PREGUNTA 2:

Para que poidamos valorar a situación de risco de exclusión social teríades que presentar informe dos servicios Sociais conforme esa persoa é usuaria dos mesmos ou ben documentación que acredite que se da algunha das circunstancias que se enumeran nas bases. Cópio literal o recollido no punto 4º apartado b:

 

A efectos da valoracion dos contratos de traballo ocupados por persoas en situacion de exclusion social ou risco de exclusion social, terase en conta o artigo 3 da Lei 10/2013 de 27 de novembro, de inclusion social de Galicia:

Artigo 3. Criterios para a valoración da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social:

Para a valoración técnica da situación ou risco de exclusión social, e de conformidade co establecido nesta lei e na normativa de desenvolvemento, verificarase a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.

b) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.

c) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

d) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.

f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciacia.

i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

j) Pertencer a unha minoría étnica.

k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral enredes de prostitución ou de trata de persoas.

l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

m) Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa condicione negativa e gravemente a súa inclusiónsocial e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte dos técnicos da Comunidade Autónoma.

 PREGUNTA 3:

En relación ó expediente CM17XX do que recibimos requerimento para enmenda de documentación, solicitamos esclarecimento con respecto ó punto 3 do mesmo en canto á  valoración do emprego creado pola empresa.

Neste punto presentáronse xunto  coa solicitude os contratos dos traballadores, (ningún deles en risco de exclusión social)  .., sería preciso tamén  presentar vida laboral da empresa ou TC2? Punto 3 do requerimento “ Declaración de concorrer ou atoparse nalgunha deas situacións valorables consorte ós criterios de concesión establecidos, así como de ser o caso, documentación que acredite as circunstancias a valorar. De non presentarse esta declaración , non se valorará o emprego creado pola empresa”

RESPOSTA Á PREGUNTA 3:

O que se vos require é a declaración, co formato que consideredes oportuno posto que a situación das empresas no referente a creación de postos de traballo que deban ser valorados  admite moitas posibilidades. Trátase de que se relacionen os postos de traballo creados incluídos os das persoas promotoras e se sinalen as circunstancias que cada posto de traballo permite valorar dacordo do baremo publicado nas base.

Cos contrato sería suficiente, os TCs teríadelos que presentar xunto coas nóminas e xustificantes do seu pagamento na fase de xustificación de gastos de servos concedida a axuda se queredes xustificar a mesma empregando gastos de persoal.

PREGUNTA 4:

Un dos requerimientos é a alta na Seguridade Social dos promotores (réxime xeral). Pídesenos copia compulsada das mesmas. A duda surxe xa que a resolución de alta na TGSS emítese vía telemática a través do sistema RED de comunicación entre os autorizados das empresas (asesorías) e a TGSS, sen que salvo casos excepcionais se entreguen presencialmente nas oficinas de Tesorería. Estas resolucións levan na parte inferior as codificacións informáticas cos números de referencia para a súa completa validez, firmándose e selándose polo autorizado RED. Esta é a documentación que se presentou, as altas dos promotores coas codificacións informáticas e o selo e firma do autorizado RED, e que se emiten e obteñen de forma telemática.

Nós entendemos que esta documentación, coas codificacións e selada, é xa a orixinal e sería suficiente para acreditar as altas, pero gustaríanos que nos confirmasen este aspecto, ou se de todas formas, ditas altas deben ser cuñadas tamén nas oficinas da Seguridade Social.

Gracias pola súa atención, e reciban un cordial saúdo.

RESPOSTA Á PREGUNTA 4:

Para poder verificar a autenticidade dun documento emitido pola Sede Electrónica da Seguridade Social o documento ten que dispor dun Código Electrónico de Autenticidade (Código CEA) que é a combinación de 6 series de 5 cifras e letras que podes ver por exemplo nos informes de vida laboral que si presentastes.

As resolucións de altas que presentades carecen deste Código CEA polo que non podemos comprobar a súa autenticidade empregando o Servizo da Sede Electronica da Seguridade Social como podes comprobar no seguinte enlace:

https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/Serviciosverficacion/202746/!ut/p/z0/nY9PT8JAEMW_Ch56NDP9Qy3HBhQFamJIQ90L2ZRpHW12y-7S6Ld3a0wgGi_e5r15-c08EFCBUHLgVjrWSnZeP4t0H4dpEs4w3GR3qynm99vHco054mIKW7KwAnEZWuLDLeZlsS5n8VOMm2SkRKaYFy2IXrqXa1aNhqo31J6Uk3bSkiIjO4_ySX49HkUOotbK0buDytKB9l9K8UHbAEcjQFZcsw7wjGkM1SfyOXvpnuE__vxd5h_XLZlhnOxkIMMN19ILFWCE0U2S_tH8e9m_LXeZyz7irr36BGJeNmk!/

O que lle da validez e o voso sello como titulares da autorización, e polo tanto de presentar unha copia das mesmas, ten que ser unha copia compulsada. Non é preciso o selo da Seguridade Social, pero si o voso selo, e sinatura identificada da persoa que exerce a autorización.

Compartir: