AXUDAS AO EMPREGO

Axudas económicas destinadas ao fomento do emprego 2018

02/03/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela fai pública unha convocatoria de axudas a empresas para a contratación de persoas sen emprego e a emprendedores que decidan iniciar unha actividade empresarial e/ou profesional, e que finalicen, no marco do Programa Integral de Cualificación e Emprego, a fase de orientación vocacional do Plan de Capacitación. Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020.

O texto completo da convocatoria atópase dispoñible na web www.camaracompostela.com e na sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, sita en rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo. 15701 Santiago de Compostela.

O importe da subvención concedida por cada contratación realizada será de 4.950,00€. A contratación deberá formalizarse con persoas que na data de inicio da mesma sexan beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, nos termos previstos na normativa estatal que o regula, e que polo menos finalizasen a orientación vocacional dentro do Plan de Capacitación do  PICE.

Solicitude:

Teléfono de contacto: 981 59 68 00 Correo electrónico: aempleo@camaracompostela.com


Prazo:

O prazo para a presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio e finalizará, segundo o establecido na convocatoria, o 28 de decembro de 2018.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Cámara