RSE NA XESTIÓN EMPRESARIAL

Programa Responsabilízate: integración da RSE na xestión empresarial

24/04/2018

Promover a autonomía das Pemes e as persoas autónomas en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é o obxetivo do Programa Responsabilízate, que mantén aberta a convocatoria da súa segunda edición, e co que a Xunta de Galicia pretente contribuír a facer do galego un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente.

Nesta actividade gratuíta de acompañamento e formación que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, persoas expertas asesoran, de xeito personalizado, na execución de plans de implantación e mellora da RSE dos modelos de negocios dos participantes.

Requisitos:

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea. b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros. c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.


Custe:

Gratuito.


Prazo:

O prazo estará aberto a partir da publicación destas bases no DOG e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria. 2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
emprego XUNTA