MELLORA DA EMPREGABILIDADE

Nova edición do curso de formación troncal do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE)

25/04/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela iniciará o vindeiro 14 de maio un nova edición do curso de formación troncal do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), que se impartirá nas aulas da entidade ata o 1 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O curso ofrecerá orientación en temas de empregabilidade, información referente a habilidades sociais e técnicas de comunicación e competencias dixitais para a busca de emprego, onde os participantes coñecerán o manexo das redes sociais e a creación de perfís profesionais en Linkedin ou outras plataformas. Será un curso práctico, baseado en dinámicas de grupo e con simulación de entrevistas de traballo.

Dirixido a:

A perseguir a empregabilidade de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin están estudando nin traballando actualmente.


Custe:

Gratuito.


Prazo:

A inscrición estará aberta ata o luns 7 de maio nas nas oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo).


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Cámara