ACELERADORA DE INNOVACIÓN

III edición do Vodafone Connecting for Good Galicia

04/05/2018 O vindeiro luns, 7 de maio, abre a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é apoiar seis proxectos que resolvan, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, para que se convirtan en negocios reais e os seus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

Os proxectos seleccionados terán acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia na Cidade da Cultura de Galicia e a un programa de formación e mentorizaxe. Ademais, o mellor proxecto recibirá unha axuda de 25.000 euros por parte de Gain e poderá optar a un préstamo participativo de Xesgalicia por un importe equivalente; o proxecto máis accesible recibirá 10.000 euros por parte de Vodafone; e o resto de finalistas un patrocinio de 2.000 euros tamén de Gain.

Solicitude:

A presentación de candidaturas consistirá no enchemento por parte do participante dunha solicitude de participación, que pode descargarse desde www.fundacionvodafone.es. Adicionalmente, poderanse anexar ata dous arquivos con información complementaria, cun máximo de extensión de 10 páxinas en formato de documento de texto ( doc, odt, etc.) ou 10 diapositivas en formato de presentación ( ppt, odp, etc.). As candidaturas remitiranse a Fundación Vodafone España, exclusivamente por correo electrónico á dirección infofve@corp.vodafone.es indicando a referencia “ Vodafone Connecting for Good Galicia”.


Prazo:

A III Edición comeza o próximo 7 de maio e o prazo para presentar candidaturas finaliza o 31 de xullo de 2018.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
GAIN VODAFONE