CONCILIACIÓN NAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

30/05/2018 Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante dezaseis (16) semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.
Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior, se realicen entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que, no prazo dos quince (15) días seguintes ao da súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

O importe da subvención para compensar esta contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluída a de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de dezaseis (16) semanas.

Prazo:

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de novembro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde terán o prazo dun mes desde a data da contratación subvencionada. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
emprego XUNTA autónomos