REDUCCIÓN COTAS SEGURIDADE SOCIAL PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

30/05/2018 Mediante esta axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia desfrute das reducións durante un máximo de seis (6) meses adicionais aos regulados no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

Prazo:

O prazo de solicitudes remata o 31 de xullo de 2018. O procedemento tramítase en réxime de concorrencia non competitiva, polo que o prazo de solicitudes pode pechar antes de dicha data por esgotamento do crédito disponible.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
emprego XUNTA autónomos Seguridade Social