Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

27/06/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras para os que destinará 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea.

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

Solicitude:

O texto completo da convocatoria está a disposición das empresas na web: www.camaracompostela.com; e na sede electrónica da Cámara de Santiago: https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela, onde se poderá consultar e descargar a documentación, a solicitude de participación e realizar a tramitación electrónica mediante firma dixital, ou ben realizar a solicitude de forma presencial na sede da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo).


Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2018, ou ata esgotar o orzamento da convocatoria. 


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Cámara