Programa a prol da contratación das mulleres desempregadas

11/07/2018

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

-Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos indefinidos iniciais realizados con mulleres desempregadas.

-Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22. As contías establecidas anteriormente incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

-No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

-Se a muller incorporada é unha emigrante retornada.

-Se a muller contratada é maior de 45 anos.

Prazo:

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.s convocánse

As axudas convocánse en réxime de concorrencia non competitiva, o orzamento pode esgotarse antes da fin do prazo de presentación de solicitudes.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA emprego formación