REMUDA XENERACIONAL

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras Autónomas

11/07/2018

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dun relevo xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

-Que teñan 63 anos ou máis.

-Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

-As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas, a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.

As axudas convocánse en réxime de concorrencia non competitiva, o orzamento pode esgotarse antes da fin do prazo de presentación de solicitudes.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA emprego autónomos