Axudas á contratación de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social

22/08/2018

  1. Programa de emprego con apoio (procedemento TR341L), que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores laborais especializados ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. Serán beneficiarios, entre outros, as fundacións, asociacións, e centros especiais de emprego que cumpran as condicións do artigo 20 da Orde.
  2. Programa de incentivos á contratación a tempo parcial, por conta allea, e á formación das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo (procedemento TR341O). Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación tempo parcial e un bono de formación. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para o programa de incentivos á contratación, as solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo dun mes desde a data en que se inicie a relación laboral pola cal se solicita a axuda.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro de 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir: