Obradoiro Coinnovando no sector agrario e forestal en Europa

06/09/2018

Produtores e produtoras, gandeiros e gandeiras, enxeñeiros e enxeñeiras forestais, propietarios e propietarias de montes, viticultores. Cada vez son máis quen ve na innovación unha oportunidade de mellora e desenvolvemento. Se ti es un deles, non te podes perder o obradoiro “Coinnovando no sector agrario e forestal en Europa” que se celebrará o 16 de novembro en Santiago de Compostela.

Dirixido tamén a investigadores e investigadoras, centros tecnolóxicos, asociacións, asesores e asesoras técnicos e calquera outra persoa interesada en coñecer como innovar en colaboración.

O obradoiro ofrece:

  • Información sobre como funcionan os grupos operativos e as súas vantaxes para a túa empresa ou actividade.
  • Acceso a prácticas innovadoras postas en marcha por grupos operativos de Galicia e outras rexións de España e Europa.
  • Contacto con socios potenciais para os teus proxectos.
  • Visitas a proxectos de grupos operativos en execución. Toma de contacto coa Asociación Europea de Innovación de Agricultura produtiva e sustentable ( EIP- Agri).

O obradoiro está organizado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), en colaboración coa EIP- Agri. Está financiado no marco do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Solicitude:

Mais información: innovacion@feuga.es


Prazo:

O obradoiro celebrarase o 16 de novembro de 2018 en Santiago de Compostela


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
FEUGA