AXUDAS AO INVESTIMENTO EN BENS INVENTARIABLES

Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial

27/09/2018

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000 de €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

Segundo o artigo 6 das bases, serán subvencionables, entre outros: Obra civil, adquisición de construcións, ou edificacións novas, bens de equipo, outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario, e activos fixos inmateriais relacionados directamente co proceso produtivo.

Dirixido a:

Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos novos que res­pondan a algunha das seguintes tipoloxías:

  • Creación dun novo establecemento.
  • Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
  • Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que ante­riormente non se producían nel.
  • Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.


Requisitos:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pe­mes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran os requisitos especificados no artigo 4 das bases.


Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da pu­blicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a pri­meira das seguintes circunstancias:

  • Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape.
  • O 28 de decembro de 2018.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE