TALLERES DE INICIACIÓN Á EXPORTACIÓN

Talleres de iniciación á exportación: autoanálise do potencial de internacionalización

24/05/2018 CONTIDO DO TALLER:
- Primeira parte: "Dispóñome a abrir mercado no exterior". Primeiros pasos: riscos e oportunidades a ter en conta, localización de apoios ao proceso de internacionalización, produto/servizo a exportar, selección de mercados, preparación para a participación en feiras internacionais e misións comerciais, etc.
- Segunda parte: "Autoanálisis do potencial exportador da miña empresa". Individual e confidencial.

Estes talleres celébranse no marco do proxecto ECICII Plus -no que participa o Igape- para a nternacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Datas e Lugar de celebración:

Para as empresas participantes nestes talleres que reflictan un claro potencial como empresa exportadora, o IGAPE porá á súa disposición a elaboración posterior dun Informe de Diagnóstico personalizado, no que se incluirá un apartado de recomendacións a ter en conta e orientación sobre os mercados que lles poidan resultar de maior interese.

Dirixido a:

Pemes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que van iniciar o seu proceso de internacionalización.


Custe:

Aforamento Limitado: 20 empresas por taller. Asistencia gratuíta previa inscrición.


Prazo:

A actividade comezará o 6 de xuño. O aforamento está limitado ás 2o primeiras inscricións


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE