LABORATORIOS COOPERATIVOS

Axudas de laboratorios cooperativos no rural

27/06/2018

A finalidade destas axudas é fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.

a) fomento de laboratorios cooperativos no rural (procedemento TR807C)

Dinamizar a economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao que lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade así como asesoramento e acompañamento. O fin último é que todas ou parte das persoas seleccionadas constitúan unha cooperativa ou sociedade laboral no rural de Galicia, se ben este non é un requisito imprescindible para a obtención da axuda por parte das entidades mentoras.

b) impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D)

Fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da Comunidade Autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xullo de 2018


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA emprego COOERATIVAS Economía Social