Xornada informativa do Programa de Axudas “Asesores Dixitais” en Santiago de Compostela

19/09/2018

Red.es en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dependente da Xunta, organiza unha xornada informativa sobre o Programa de Axudas "Asesores Dixitais".

As persoas representantes daquelas pequenas e medianas empresas interesadas na Transformación Dixital dos seus negocios teñen unha cita en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 27 de setembro. Durante a sesión abordaranse aspectos crave desta iniciativa, establecéndose ao final unha quenda de preguntas para resolver posibles dúbidas entre o público asistente.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas.

Lugar: Centro Demostracion TIC de Galicia. Rúa Airas Nunes , s/n – Conxo. Santiago de Compostela

O Ministerio de Economía e Empresa, a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital, continúa desenvolvendo accións de apoio para seguir avanzando neste proceso mediante importantes programas de axudas: “Asesores Dixitais” e “Oficinas de Transformación Dixital”.

Custe:

Gratuito.


Prazo:

A xornada celébrase o 27 de Setembro de 2018


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir: