O EMPREGO DO FUTURO

Presentación do programa da Xunta O Emprego do Futuro

24/09/2018

O próximo 2 de outubro a Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o programa O emprego do futuro, que pon en marcha co obxectivo de indentificar as necesidades dos distintos sectores económicos no eido da capacitación e adaptación laboral.

A xornada desenvolverase a partir das 9.45 horas, no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura.

A iniciativa, que permitirá á Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborar un catálogo de accións formativas, partirá da análise dos novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0.

PROGRAMA:

9:45 Rexistro de asistentes

10:00 Inauguración da xornada.

Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria

10:30 Innovación e tendencias de futuro do mercado laboral.

Cándido Pérez Serrano, Socio KPMG en España

11:15 A visión das Pemes. Demandas profesionais para a próxima década.

Jesús Echevarría Mendiguren, Vicepresidente Randstad España

12:00 Pausa café

12:15 Mesa redonda “O emprego do futuro”

Moderador:

José Alfonso Marnotes,
Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Xunta de Galicia

Participantes:

Patricia García,
presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia.

Javier Boo,
consultor senior e profesor ICADE

Juan Antonio Lloves,
presidente do Cluster de Automoción de Galicia, CEAGA

Juan Manuel Vieites,
presidente da Asociación Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, ATIGA

13:30 Coloquio

14:00 Clausura

Solicitude:

Aceptaránse inscricións nesta xornada ata completar o aforo da sala ou como data límite o día 1 de outubro de 2018 ás 15.00h.

Para formalizar a inscrición na Xornada, deberá enviar o formulario cumprimentado correctamente.

Vostede recibirá un correo de confirmación (no enderezo facilitado no formulario), no que se lle indicará unha ligazón para acceder a súa acreditación.

Non se permitirá o acceso á sala ás persoas que non estean inscritas previamente.


Prazo:

Aceptaránse inscricións nesta xornada ata completar o aforo da sala ou como data límite o día 1 de outubro de 2018 ás 15.00h.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA TRABALLO