RSE NA XESTIÓN EMPRESARIAL

Programa Responsabilízate: integración da RSE na xestión empresarial

En prazo de inscrición 24/04/2018

Promover a autonomía das Pemes e as persoas autónomas en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é o obxetivo do Programa Responsabilízate, que mantén aberta a convocatoria da súa segunda edición, e co que a Xunta de Galicia pretente contribuír a facer do galego un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente.

emprego XUNTA

CUMPRIMENTO SOCIAL

O cumprimento social: unha vantaxe competitiva para as empresas

En prazo de inscrición 23/03/2018

Data: 10 de abril de 2018
Horario: de 9.45 h a 13.30 h
Lugar: Hotel Oca Puerta del Camino C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/nSantiago de Compostela
Teléfono de información: 981 536 434
Correo-e: noroeste@apd.es

Atopámonos nunha contorna no que a globalización e a crecente concienciación dos consumidores levan unha maior responsabilidade por parte das empresas. Comprobar que os produtos se elaboren en condicións seguras de traballo ou que os salarios das persoas involucradas na produción sexan xustos e respecten os dereitos fundamentais cobran cada vez maior importancia para o cliente final. Se non se traballa adecuadamente sobre estes aspectos, ou non é demostrable o seu cumprimento social pode chegar a danar seriamente a reputación dunha compañía, afectar as súas vendas ou rendibilidade, prexudicando a posición competitiva da empresa.

APD

Compartir: