REACCIONA TIC

Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0

En prazo de inscrición 01/02/2018

Axudas en especie consistentes na execución de servizos do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

  • Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.
  • Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.
  • Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

tecnoloxía IGAPE Reacciona diagnóstico necesidades avaliación servizos

PRÉSTAMOS PEMES EN GALICIA

Préstamos reembolsables para mellorar o acceso das pemes ao financiamento

En prazo de inscrición 01/02/2018

O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos para cada modalidade de produto.

Os investimentos que se financien non poderán terse concluído nin executado integramente na data da resolución da solicitude de préstamo. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos das bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

innovación IGAPE préstamos emprendedores

Compartir: