AXUDAS AO INVESTIMENTO EN BENS INVENTARIABLES

Axudas ao investimento en bens inventariables

En prazo de inscrición 01/03/2018

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

emprego DEPUTACIÓN

APOIO AO MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL

Incentivos ao mantemento do cadro de persoal en pemes

En prazo de inscrición 01/03/2018

Mediante a posta en marcha deste Programa de Incentivos que se materializa en axudas ao mantemento das contratacións indefinidas de pequenas, medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, preténdese fomentar o emprego estable e de calidade, así como seguir apoiando ao tecido empresarial nos municipios de menor poboación.

emprego DEPUTACIÓN

INNOVACIÓN DIXITAL

Xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital,

En prazo de inscrición 23/02/2018

O vindeiro 2 de marzo celebrase na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) a xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital, un dos principais instrumentos previstos no Plan Galicia Innova 2020 para dinamizar a innovación e que implica un novo marco de colaboración público-privada, aberta e intelixente. 

Salón de Convencións, Edificio CINC. (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

02 de marzo de 2018 - 10:00 a 14:30 horas

GAIN dixitalización XUNTA retos

GALICIA EN DIXITAL

Galicia en Dixital. Industria 4.0: Compartimos este camiño?

En prazo de inscrición 22/02/2018

Telefónica e a Xunta de Galicia celebran o vindeiro 28 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) unha xornada que servirá para facilitar o encontro e a participación dos axentes máis representativos de Galicia co obxectivo de compartir os avances e as tendencias relacionados coa Industria 4.0.


Lugar: Museo Centro Gaiás. Hall de Tirantes. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.
Data: 28 de febrero de 2018
Hora:

10:30h

tecnoloxía innovación GAIN XUNTA computación

TRANSFORMACIÓN DOS XEITOS DE VENDER

Taller sobre comercio electrónico e venda social

En prazo de inscrición 21/02/2018


O próximo mércores, 28 de febreiro, terá lugar en Santiago de Compostela, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o Taller sobre comercio electrónico e venda social (Marketing Expertise-Social Selling), centrado en optimizar ao máximo a estratexia comercial dunha empresa desde a transformación dos xeitos de vender (Clientes e B2B).
A partir das 10:00 h desenvolverase unha mesa redonda sobre o comercio electrónico nas Pemes, contando coa participación de varias empresas (Tendeus, Lolita Moda, Recambios Frain e Filamen2print) que están destacando no ámbito do comercio electrónico e que compartirán as súas experiencias cos asistentes.

A partir das 11:30 h informarase sobre as novas axudas do IGAPE á dixitalización; e a continuación, ás 12:30 h, haberá unha charla-coloquio sobre "Redes Sociais e Optimización de procesos de venda", onde intervirá Álex López, formador de Redes Sociais en IESE, ESADE, IE, ISDI e Univ. de Deusto, e profesor de Linkedin & Social Selling.

Array

Compartir: