Xornada informativa do Programa de Axudas “Asesores Dixitais” en Santiago de Compostela

En prazo de inscrición 19/09/2018

Red.es en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dependente da Xunta, organiza unha xornada informativa sobre o Programa de Axudas "Asesores Dixitais".

As persoas representantes daquelas pequenas e medianas empresas interesadas na Transformación Dixital dos seus negocios teñen unha cita en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 27 de setembro. Durante a sesión abordaranse aspectos crave desta iniciativa, establecéndose ao final unha quenda de preguntas para resolver posibles dúbidas entre o público asistente.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas.

Lugar: Centro Demostracion TIC de Galicia. Rúa Airas Nunes , s/n – Conxo. Santiago de Compostela

FINACIAMENTO DO EMPRENDEMENTO

Taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial

En prazo de inscrición 12/09/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza do 17 ao 21 de setembro un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Cámara eusumo

Curso de Creación de Páxinas Web con Wordpress

En prazo de inscrición 03/09/2018

Esta acción formativa, organizada coa colaboración de Compostela Literaria, está dirixida preferentemente a responsables de pequenas empresas e persoas emprendedoras que precisen formación para aprender a crear páxinas web con WordPress (un sistema de xestión de contidos ou CMS - polas súas siglas en inglés, Contentent Management Sysitem - ) enfocado á creación de calquera tipo de sitio.

Ademáis das sesións presenciais teóricas, cada persoa participantes terá dereito a unha titoría personalizada dunha hora de duración.

WordePress; SEO; Google Analytics; Emprendemento; Mellora empresarial

Axudas á contratación de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social

En prazo de inscrición 22/08/2018

  1. Programa de emprego con apoio (procedemento TR341L), que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores laborais especializados ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. Serán beneficiarios, entre outros, as fundacións, asociacións, e centros especiais de emprego que cumpran as condicións do artigo 20 da Orde.
  2. Programa de incentivos á contratación a tempo parcial, por conta allea, e á formación das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo (procedemento TR341O). Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación tempo parcial e un bono de formación. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

ACELERADORA DE EMPRESAS

Terceira edición do programa BIND 4.0

En prazo de inscrición 26/07/2018

A Axencia Galega de Innovación e o IGAPE, organizan unha xornada o próximo día 30 de xullo, no hotel AC Palacio del Carmen, dende as 11:00 horas ás 13:00 horas, sobre a terceira edición programa BIND 4.0, aceleradora de startups no ámbito da Industria 4.0 do País Vasco.

O obxectivo que persegue esta presentación é atraer o talento e a innovación de empresas emerxentes galegas para invitalas a participar na nova convocatoria onde poderán optar a contratos de ata 150.000 euros cunha empresa tractora, mentoring, networking e un completo programa formativo. Na pasada edición, o programa contou coa inscrición de 3 startups galegas, das que 1 foi seleccionada.

IGAPE GAIN

PRIMEIRAS OPORTUNIDADES LABORAIS

Principia: a primeira oportunidade para o talento e a innovación

En prazo de inscrición 19/07/2018

O salón de convencións do edificio CINC acollerá, o próximo venres día 20 de xullo, a partir das 10:30 horas, na cidade da Cultura, o encontro entre técnicos e investigadores, os únicos protagonistas do programa Principia, xunto cos responsables das entidades contratantes.

No encontro Principia, que organiza a Axencia Galega de Innovación, haberá relatorios de responsables de empresas como AMSlab, Biomasa Forestal ou Gabadi, permitirá compartir experiencias en torno ao talento e as novas oportunidades profesionais en Galicia.

XUNTA GAIN

Compartir: