ESTADOS UNIDOS: COMO FACER NEGOCIO E A SÚA FISCALIDADE

Xornada Técnica. Estados Unidos: cómo facer negocio e a súa fiscalidade

En prazo de inscrición 16/05/2018

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE e dentro do programa Interreg España - Portugal, ECICII+1E, convoca o seminario "ESTADOS UNIDOS: cómo facer negocio e a súa fiscalidade", dirixido a empresas da Eurorregión Galicia - Norte de Portugal.

Data: 04 de xuño de 2018
Horarios:
de 9:15 a 14:00 h. Salón de actos. Edificio SERGAS, San Lázaro.
de 16:00 a 19:00 h. Salón de cursos. Edificio IGAPE. San Lázaro.

En horario de tarde abordaránse os requisitos para a exportacion de producto agroalimentario, FDA.

IGAPE

MERGÚLLATE NA ECONOMÍA SOCIAL

Xornada de formación "Mergúllate na economía social" para técnicos e orientadores de emprego

En prazo de inscrición 11/05/2018

OBXECTIVOS:
Promover a economía social, os seus valores e as súas principais características entre axentes intermedios que favorecen o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e as ferramentas de apoio existentes.

A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego e os orientadores laborais, para que coñezan en primeira persoa as peculiaridades e potencialidades da Economía Social.
A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de mellorar as capacidades e os coñecementos técnicos dos axentes antes citados en materia de emprendemento e xestión de proxectos de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a comunidade autónoma de Galicia.

23 de maio de 10:00 a 14:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Consellería de Sanidade -Rúa de Ceuta s/n - 15703 Santiago de Compostela

emprendemento Economía Social ferramentas rede proxectos

MODELOS FINANCEIROS

Curso "Modelos financeiros automatizados. Enfoque práctico"

En prazo de inscrición 07/05/2018

As proxeccións nancieras simulan o comportamento do negocio no tempo, a través da evolución dos seus Estados Financeiros, en función de como se prevexan os cambios na variables clave do negocio e da súa contorna máis próxima.
A modelización avanzada en Excel permite obter ferramentas dinámicas para estudar os efectos dos diferentes escenarios.

Datas: 23 y 24 de maio de 2018
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino. C/ Miguel Ferro Caaveiro. Santiago de Compostela
Horario: de 9.00h a 18.30h (sesión 23 de maio; de 9.00h a 17.30h (sesión 24 de maio)
Teléfono de información: 672 138 946

Correo-e información:noroeste@apd.es

APD

NEGOCIA COMO OS MELLORES

Negocia como os mellores

En prazo de inscrición 07/05/2018

Esta formación ten como obxectivo que os directivos aprendan como preparar estratexicamente as túas negociacións e ademais fágano como os mellores, buscando a “negociación colaborativa”. Trátase doutra forma de negociar moito máis efectiva, tanto polos resultados que permite alcanzar, como polo coidado das relacións con aqueles con quen negocio. É a forma de negociar que se está impoñendo nesta nova era, a da Escola de Negociación de HARVARD.

Data: 30 de maio de 2018
Horario: de 9.30h a 17.30h

Lugar: Hotel A Quinta da auga (Paseo da Amaia, 23B) en Santiago

APD

Compartir: