NETWORKING NA BIOTECNOLOXÍA

Expreme a biotecnoloxía e encontra a túa media laranxa

En prazo de inscrición 06/04/2018

Bioga e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan o VI BioSpeed Dating no CIMUS (Avenida de Barcelona, 22) en Santiago de Compostela o próximo 03 de Maio. Ao longo da xornada desenvolveranse toda unha serie de actividades enfocadas ao networking.

BIOGA

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Xornada "Adaptación da empresa á nova normativa en Protección de Datos (LOPD)"

En prazo de inscrición 06/04/2018

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro xoves, día 12, un xornada informativa, gratuíta previa inscrición, sobre a “Adaptación da empresa á nova normativa en Protección de Datos (LOPD)”, entre as 12:00 e as 13:30 horas no seu salón de actos. Dirixida ás pequenas e medianas empresas, a charla estará impartida polo avogada Diana Fernández Soutullo, do bufete Soutullo & Asociadas.

Cámara

FINANZAS RESPONSABLES

Xornada "O valor social do diñeiro: finanzas responsables"

En prazo de inscrición 05/04/2018


Información práctica:
Data: martes 17 de abril de 2018
Horario: De 10 a 14 horas

Lugar de celebración: Edificio CERSIA Empresa. Rúa Alcalde Raimundo López Pol (Barrio de San Lázaro) - Santiago de Compostela.


Obxectivos:
Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.
Difundir boas prácticas e recursos útiles.

Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias.

Economía Social UGACOTA

AS RAPAZAS NAS TIC

Día Internacional das Rapazas nas TIC

En prazo de inscrición 03/04/2018

O próximo 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, e celebráse por todo o alto no CESGA!

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

CESGA

BOLSAS XERENCIAIS EN COOPERATIVAS

Bolsas de Xerencia en Cooperativas do ano 2018

En prazo de inscrición 02/04/2018

No marco do Proxecto CONSOLIDAGAL, incluído no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, e dentro do Programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, a Unión de Cooperativas Espazocoop pon en marcha o seu Programa de Bolsas de Xerencia en Cooperativas que ten como obxectivo traballar na mellora e consolidación das cooperativas mediante a profesionalización das súas xerencias e o incremento na capacitación das persoas socias traballadoras, así como daquelas outras seleccionadas para a realización do proceso de aprendizaxe e titorización en xerencia cooperativa.

Economía Social Espazocoop

Compartir: