FORMACIÓN CONTINUA NO ÁMBITO DIXITAL

Programa de axudas para a formación continua no ámbito dixital

En prazo de inscrición 23/04/2018

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da entidade pública empresarial Red.es, pon en marcha o “Programa de axudas para impulsar a formación continua e mellora da empregabilidade no ámbito das TIC e da economía dixital”, no marco da iniciativa Profesionais Dixitais, que ten como fin potenciar a adquisición de competencias dixitais en todas as etapas da vida laboral.

RED.ES

TENDENCIAS EN RETRIBUCIÓNS

Tendencias en retribución e recompensa para 2018. Más alá do salario

En prazo de inscrición 19/04/2018

Saber combinar as novas tendencias e iniciativas cos modelos tradicionais de retribución, como a compensación  ja e variable ou a participación nos benecios, é o primeiro paso de moitas compañías para alcanzar unha nova dimensión na xestión do seu capital humano, producindo resultados signicativamente mellores e aumentando as garantías de obter sinerxias e relacións óptimas entre empresa e empregado.

Data: 25 de abril de 2018
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino Miguel Ferro Caaveiro, s/n. Santiago de Compostela

Horario: de 9.30h a 13.00h

APD

PROMOCIÓN INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS

Encontro aberto co sector cultural de Compostela

En prazo de inscrición 18/04/2018

ENCONTRO MONOGRÁFICO SOBRE A PROMOCIÓN DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS, O FOMENTO DA INNOVACIÓN E A COLABORACIÓN CON OUTROS TERRITORIOS

24 de abril de 2018
De 19 a 20.30 h. Sala Mozart. Auditorio de Galicia

Interveñen: Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco

Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia

economía participación cultura industria experiencias creativa industrias creativas

PREMIOS PEME

Premios Peme do ano 2018

En prazo de inscrición 16/04/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña, xunto co Banco Santander, convocan a segunda edición do premio Peme do Ano co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. O premio conta coa colaboración do diario La Voz de Galicia.

Esta segunda edición do Premio Peme do Ano trae varias novidades. Ademais da Peme do Ano 2018 da Coruña, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. A Peme do Ano da Coruña concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.

Cámara

XORNADA TECNOLÓXICA

Xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores

En prazo de inscrición 16/04/2018

A Xunta, a través do Igape, promove a xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores desenvolvidos por empresas TIC galegas que se celebrará o xoves 19 de abril, de 9.30 a 14 horas, na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), en Santiago de Compostela.

IGAPE

BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS

Bolsas de xerencia en cooperativas

En prazo de inscrición 13/04/2018

A Unión de Cooperativas Espazocoop convoca 4 bolsas de xerencia en cooperativas destinadas a persoas en desemprego con formación empresarial.
As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.

Economía Social social eusumo emprego estratexia valores cohesión

Compartir: