PRODUTOS SANITARIOS

Curso "Especialización en produtos sanitarios"

En prazo de inscrición 23/03/2018

Os próximos días 11 e 12 de Abril en horario de 09.00-19.00 celebrarase o curso de formación “Especialización en produtos sanitarios” organizado por Bioga e impartido por Farmaforum Escola de Formación.

O curso impartirase en Santiago de Compostela:

Día 11 no salón de actos do CIMUS.

Día 12 no salón de actos do CIQUS.

BIOGA

ELABORACIÓN DERIVADOS LACTEOS

Curso online gratuito sobre "Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos"

En prazo de inscrición 23/03/2018

A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) abre o prazo de inscrición para un curso, en liña e gratuíto, dirixido exclusivamente a traballadores/as en activo de Galicia (sexan ou non do sector rural ou agroalimentario). Este curso é sobre “Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos de vaca, ovella e cabra” e desenvolverase entre o 26 de abril e o 28 de maio.

O obxectivo do curso é formar a pequenos e medianos gandeiros, empresarios, traballadores do sector agroecolóxico e estimular a elaboración ecolóxica de diferentes produtos lácteos mediante boas prácticas ambientais.

SEAE

TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA

Premios á transferencia de tecnoloxia 2018

En prazo de inscrición 19/03/2018

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre desde o 15 de marzo ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2018.

Array

POTENCIALIDADES DA ECONOMÍA SOCIAL

Coñece as potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas con esta nova xornada

En prazo de inscrición 16/03/2018

A Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, organiza a xornada “As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas”, unha xornada que pretende achegar oportunidades de emprendemento na economía social.

20 MARZO 2018
11:30 a 13:30h
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela

Economía Social economía social eusumo

Compartir: