18 de Xullo: II Encontro Autónom@s

En prazo de inscrición 11/07/2018

A Consellería de Economia, Emprego e Industria organiza o II Encuentro Autónom@s Galicia 2018, que terá lugar ás 09:30 horas do próximo 18 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O obxetivo deste novo encontro é seguir avanzando no recoñecemento do emprego autónomo, presentando novas experiencias e perspectivas para profundizar no seu camiño cara a excelencia desta fórmula profesional de gran relevancia para a nosa economía.

XUNTA emprego autónomos

EMPRENDEMENTO FEMININO

Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

En prazo de inscrición 11/07/2018

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución.

emprego XUNTA emprendemento MULLERES

REDUCCIÓN COTAS SEGURIDADE SOCIAL PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

En prazo de inscrición 30/05/2018

Mediante esta axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia desfrute das reducións durante un máximo de seis (6) meses adicionais aos regulados no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

emprego XUNTA autónomos Seguridade Social

RSE NA XESTIÓN EMPRESARIAL

Programa Responsabilízate: integración da RSE na xestión empresarial

En prazo de inscrición 24/04/2018

Promover a autonomía das Pemes e as persoas autónomas en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é o obxetivo do Programa Responsabilízate, que mantén aberta a convocatoria da súa segunda edición, e co que a Xunta de Galicia pretente contribuír a facer do galego un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente.

emprego XUNTA

Compartir: