ESTUDOS DE MERCADO EN CIENCIAS DA SAÚDE

Bioalmorzo "Estudos de mercado primarios para o sector de ciencias da saúde"

En prazo de inscrición 18/05/2018

Bioga e a Axencia Galega de Innovación organizan o próximo 23 de Maio na Sala de Xuntas do Edificio Emprendia en Santiago de Compostela o Bioalmorzo “Estudos de Mercado Primarios para o Sector de Ciencias da Saúde” en colaboración con ilS Intelligence.

Analizar o mercado antes de tomar unha decisión crave ou realizar un investimento é, sen dúbida, un dos primeiros pasos que se deben dar. Normalmente o mercado analízase a través de publicacións pre-existentes, bases de datos de referencia e información online, é dicir a través de estudos de mercado secundarios. Con todo, non se ha de perder de vista ao usuario final (prescritor, paciente, representante da industria…), ou ao pagador/decisor (xerencia hospitalaria, aseguradora, goberno,…) e resulta necesario tamén solicitar información de primeira man destes axentes a través de estudos de mercado primarios. Isto permitiranos ter unha idea fiable e analítica sobre se o noso negocio ou produto teñen cabida no mercado.

BIOGA

INDUSTRIA 4.0 NA BIOTECNOLOXÍA

Talleres Industria 4.0

En prazo de inscrición 02/05/2018

Os próximos días 1 e 6 de Xuño en horario de 10.00-14.30 h vanse realizar uns Talleres en Industria 4.0 organizados por Bioga e impartidos por Cesga-Centro de Supercomputación de Galicia.

Estes talleres teñen como finalidade a exploración de ferramentas tecnolóxicas para o seu coñecemento polo sector biotecnolóxico e a identificación dun proxecto de implantación sectorial no sector bio galego que poderá ser pilotado nas infraestruturas do Cesga.

BIOGA CESGA

NETWORKING NA BIOTECNOLOXÍA

Expreme a biotecnoloxía e encontra a túa media laranxa

En prazo de inscrición 06/04/2018

Bioga e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan o VI BioSpeed Dating no CIMUS (Avenida de Barcelona, 22) en Santiago de Compostela o próximo 03 de Maio. Ao longo da xornada desenvolveranse toda unha serie de actividades enfocadas ao networking.

BIOGA

PRODUTOS SANITARIOS

Curso "Especialización en produtos sanitarios"

En prazo de inscrición 23/03/2018

Os próximos días 11 e 12 de Abril en horario de 09.00-19.00 celebrarase o curso de formación “Especialización en produtos sanitarios” organizado por Bioga e impartido por Farmaforum Escola de Formación.

O curso impartirase en Santiago de Compostela:

Día 11 no salón de actos do CIMUS.

Día 12 no salón de actos do CIQUS.

BIOGA

NEGOCIOS NO SECTOR FARMACEUTIVO

Curso formación. Desenvolvemento de negocio no sector farmacéutico

En prazo de inscrición 08/01/2018

Os próximos días 30 e 31 de Xaneiro no Edificio  Emprendia (Santiago de Compostela) vai celebrar o curso de formación “Desenvolvemento de negocio no sector farmacéutico” organizado por  Bioga e impartido por Eduardo Sanz,  co-director de  Farmaforum Escola de Formación.

BIOGA

Compartir: