O EMPREGO DO FUTURO

Presentación do programa da Xunta O Emprego do Futuro

En prazo de inscrición 24/09/2018

O próximo 2 de outubro a Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o programa O emprego do futuro, que pon en marcha co obxectivo de indentificar as necesidades dos distintos sectores económicos no eido da capacitación e adaptación laboral.

A xornada desenvolverase a partir das 9.45 horas, no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura.

A iniciativa, que permitirá á Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborar un catálogo de accións formativas, partirá da análise dos novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0.

XUNTA TRABALLO

AUTOEMPREGO AUTÓNOMO

Programa de emprego autónomo 2018

En prazo de inscrición 26/01/2018

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. 

TRABALLO emperego autónomos autoemprego

Compartir: